Un home perde a vida despois de precipitarse por unha zona de monte en Carballo

Un home perde a vida despois de precipitarse por unha zona de monte en Carballo
Un home perde a vida despois de precipitarse por unha zona de monte en Carballo

Os feitos ocorreron ao fío das 16:45 horas de onte 

Un home perdeu a vida esta tarde en Carballo ao precipitarse por unha zona montañosa próxima ao lugar de Oza da Estrada.

Os feitos ocorreron ao fío das 16:45 horas. Nese momento unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta dunha persoa que caera no monte, concretamente na parroquia de Oza.

Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou ata o lugar do suceso o helicóptero medicalizado con base en Santiago, aínda que o equipo médico nada puido facer por salvarlle a vida ao home.

Tamén, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Policía Local, da Garda Civil e do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.

Comentarios