A Feira Celta do Pino comeza con centos de actividades

A Feira Celta do Pino comeza con centos de actividades
A Feira Celta do Pino comeza con centos de actividades

Realizaranse actividades para todos os públicos, como mostras de oficios tradicionais ou cetrería

Chega o fin de semana máis grande do ano no concello de O Pino.  A X Feira Celta abre o venres día 2 na praza de Forcarei uns días de celebración e troula, que continúan ca XX Festa do Galo e Mostra Cabalar do día 4. O evento comeza 18:00 horas, para continuar ata o domingo, entre as 11:00 e as 23:00 horas. Nesta festa temática haberá unha multitude de opcións para gozar con animación, artesanía, alimentación, exposicións e tamén un rincón infantil. Ademais ao remate de cada xornada levarase a cabo un espectáculo de malabares e de fogos artificiais.

Durante os tres días haberá diferentes actividades para todos os públicos, con mostra de diferentes oficios tradicionais, demostracións de cetrería e moitas máis actividades, amenizados con música como os pasacalles de Treefolk. 

A Feira Celta tamén fará gozar aos máis pequenos, pois dispón dunha zona infantil con moitos pasatempos para a cativada como mesas de xogos e atraccións. O mestres arqueiro Regino tamén sorprenderá á cativada coa súa técnica neste xogo popular. 

A Feira Celta é un dos eventos que se celebran nunha fin de semana festiva no concello de O Pino, pois a XX Festa do Galo e Mostra Cabalar celébrase o domingo durante todo o día.  Un espectáculo declarado de interése turístico en Galicia e que pretende poñer en valor a raza de galiña e galo piñeiro.

Comentarios