“Música e lingua” dentro do IX Millarock

“Música e lingua” dentro do IX Millarock
“Música e lingua” dentro do IX Millarock

A novena edición do Millarock inclúe unha nova actividade: un encontro aberto denominado “Música e Lingua” a cargo de Xosé Bocixa, Laura Romero e Paco Cerdeira do grupo Zënzar

A novena edición do Millarock inclúe unha nova actividade: un encontro aberto denominado “Música e Lingua” a cargo de Xosé Bocixa, Laura Romero e Paco Cerdeira do grupo Zënzar. Farán un repaso da nosa música contemporánea e do papel da muller nela. Será ás 20.15 horas no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Laura Romero conversará cos asistentes sobre o seu proxecto Músicas galegas ilustradas, co que busca darlle visibilidade ás mulleres músicas de Galicia; mentres que Xosé Bocixa fará unha percorrido pola historia do rock galego e Paco Cerdeira falará de como viviu el a chegada a Galicia dende México e como trasladou ese cambio á música.

Este venres, 2 de agosto, volve o Millarock da man dos grupos Cuarta Xusta, Zënzar, Nao e Dios ke te crew. Os concertos comezarán ás 21.00 horas, co obxectivo de que as familias con nenas e nenos pequenos tamén teñan a posibilidade de achegarse ao concerto. Organizado polo Concello de Ames, este evento musical xurdiu co obxectivo de promocionar o rock galego e impulsar a grupos emerxentes da contorna de Ames. 

Ademais, a novena edición do Millarock inclúe unha nova actividade: un encontro aberto denominado “Música e Lingua” a cargo de Xosé Bocixa, Laura Romero e Paco Cerdeira do grupo Zënzar. Farán un repaso da nosa música contemporánea e do papel da muller nela. Será ás 20.15 horas no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro.   

Neste encontro Xosé Bocixa, Paco Cerdeira e Laura Romero irán debullando, dun xeito entretido e mesturando vídeo, música, palabra e ilustración, toda a información necesaria para entender a importancia da nosa lingua como elemento dinamizador e imprescindible dunha cultura, integrada no ámbito musical e audiovisual. Á vez farase un percorrido pola historia da música contemporánea galega cantada no idioma propio e contando co papel que fixeron e fan as mulleres (a través do proxecto Músicas Galegas Ilustradas), buscando a participación e o diálogo co público asistente.

Así, Laura Romero conversará cos asistentes sobre o seu proxecto Músicas galegas ilustradas, co que busca darlle visibilidade ás mulleres músicas de Galicia; mentres que Xosé Bocixa fará unha percorrido pola historia do rock galego e Paco Cerdeira falará de como viviu el a chegada a Galicia dende México e como trasladou ese cambio á música.

Comentarios