Colisión entre coche e camión con mercadorías perigosas

Colisión entre coche e camión con mercadorías perigosas
Colisión entre coche e camión con mercadorías perigosas

O accidente ocorreu no punto quilométrico 4,500 da AP-53, ao redor das 16:50 horas

En Vedra, produciuse ás 16:50 horas da tarde unha colisión entre un turismo e un camión que transportaba 33.000 litros de combustible. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, ningunha persoa resultou ferida nin tampouco se viu afectada a carga.

O accidente ocorreu no punto quilométrico 4,500 da AP-53, ao redor das 16:50 horas.

Nada máis ter constancia do sinistro, os xestores do 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local, do Servizo Municipal de Protección Civil de Teo, do GES da Estrada, da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros de Ordes.

Comentarios