Caballero anuncia un proxecto "en positivo" para Galicia

Caballero anuncia un proxecto "en positivo" para Galicia
Caballero anuncia un proxecto "en positivo" para Galicia

Anunciou un “traballo a pé de país” nunha “campaña de proximidade e cercanía coa cidadanía galega”, para facerlle chegar un “proxecto en positivo” fronte a unha dereita representada por Feijóo que “esmorece, cun proxecto esgotado”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, anunciou onte un proxecto centrado na “cercanía á cidadanía, a confrontación co modelo esgotado de Feijóo e a construción dun proxecto en positivo que atenda ás necesidades dos galegos e das galegas”. O líder socialista reuniu onte á Comisión Permanente do partido para debullar a estratexia política de cara aos próximos meses.

Caballero sinalou que os socialistas galegos teñen a día de hoxe “toda a intensidade política activada para afrontar calquera escenario político electoral en España e Galicia” nos vindeiros meses. O obxectivo, explicou, é dispoñer dunha “alternativa en marcha para conectar coa maioría das galegas e dos galegos e motivar e activar ao electorado progresista fronte a calquera escenario electoral”.

Anunciou un “traballo a pé de país” nunha “campaña de proximidade e cercanía coa cidadanía galega”, para facerlle chegar un “proxecto en positivo” fronte a unha dereita representada por Feijóo que “esmorece, cun proxecto esgotado”. Criticou a estratexia dos conservadores, centrados en “ancorarse ao poder institucional da Xunta para resistir os novos tempos políticos dunha cidadanía que xa lle deu as costas”.

Un PP, dixo, que padece en Galicia tamén as consecuencias dun proxecto “roto” en España, e que responde coa “complicidade” de Feijóo á viraxe de Casado á “dereita máis rancia que incomoda aos seus electores”. Por iso o presidente da Xunta “utiliza o cinismo para dicir unha cousa distinta cada vez: un día aplaude os pactos con Vox e outro quere buscar o centro moderado”.

Sinalou que o propio Feijóo é “consciente de que o PP ten moitos problemas”, como demostra a designación de Álvarez de Toledo como portavoz, co que “o PP abandona a moderación e deixa ao PSOE o centro e a esquerda política, da moderación e do progreso”.

Comentarios