Rescatan á tripulación de dous barcos na Illa de Arousa e no Grove

Rescatan á tripulación de dous barcos na Illa de Arousa e no Grove
Rescatan á tripulación de dous barcos na Illa de Arousa e no Grove

O primeiro deles foi en Illa de Arousa e a outro no Grove

A Ría de Arousa foi escenario onte de dúas incidencias provocadas polo varamento de dúas embarcación sen que se rexistrasen persoas feridas.

Primeiro, na Illa de Arousa un barco con oito persoas a bordo quedou embarrancada nas proximidades da Toxa, polo que necesitou ser remolcada ata o Porto Deportivo da Toxa. Á zona acudiu a Salvamar Sargadelos tras recibir o aviso do 112 Galicia cando estaban a piques de dar as oito da tarde. Sen embargo, descartou intervir en canto comprobaron que o barco embarrancado estaba sendo remolcado por outra embarcación.

Máis tarde, no Grove, pasadas as nove da noite, os membros do servizo local de Protección Civil acudiron á Praia de Area Grande para recoller tamén unha embarcación que quedou sen motor.

Comentarios