Un incendio causa importantes danos nunha nave de reciclaxe en Mos

Un incendio causa importantes danos nunha nave de reciclaxe en Mos
Un incendio causa importantes danos nunha nave de reciclaxe en Mos

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos pasadas ás 2:45 horas

Un incendio no Polígono Industrial de Veigadaña puxo en alerta aos servizos de emerxencia na madrugada de hoxe.

Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais e tampouco a estrutura da nave viuse afectada polas lapas. Unicamente arderon materiais plásticos almacenados no interior do edificio e algúns cartóns.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos pasadas ás 2:45 horas. Segundo a información recibida, víase saír fume da parte traseira dunha nave en Mos. De inmediato, desde o 112 púxose en marcha un operativo no que participaron ademais dos Bombeiros do Baixo Miño e do Morrazo, os membros do GES de Mos, efectivos do 061-Urxencias Sanitarias e Garda Civil. Así mesmo, persoal do servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia tamén foron informados.

Unha vez apagadas as lapas, os servizos de emerxencia procederon a refrixerar a zona.

Comentarios
Lo más