Concerto de Música en Compostela no Clínico

Concerto de Música en Compostela no Clínico
Concerto de Música en Compostela no Clínico

O concerto será ás 17:30 horas na entrada principal do CHUS

A dirección do Curso Internacional de Música en Compostela, que se celebra en Santiago de Compostela dende o 28 de xullo ata o 10 de agosto ofrece hoxe domingo, día 4, un concerto no Hospital Clínico Universitario para todos os doentes, familiares, traballadores e público en xeral que se queira achegar ata o patio central da entrada principal do Hospital Clínico ás 17.30 horas. 

A Subdirectora de Calidade da Xerencia Integrada de Santiago, responsable do Plan de Humanización dos centros da área sanitaria compostelá, Beatriz Pais, asistirá ao concertó e atenderá aos medios.

Tamén pola maña, un cuarteto de corda ofrecerá un programa máis reducido para doentes nunha unidade de Críticos de adultos e en Pediatría para aqueles doentes que non se poderán achegar ao hall.

Comentarios