Milladoiro celebra as súas festas cunha programación chea de música

Milladoiro celebra as súas festas cunha programación chea de música
Milladoiro celebra as súas festas cunha programación chea de música

O sábado, a actuación musical da noite correrá a cargo do grupo PK2 e a orquestra Cinema. O domingo actuarán o dúo La Rosa e maila orquestra Ciclomanía, mentres que o o luns, último día das festas, actuarán na verbena o grupo Unión y Fuerza e a orquestra Furia Joven

As festas da Madalena do Milladoiro serán 3 días repletos de actividades e actuacións. O sábado, a actuación musical da noite correrá a cargo do grupo PK2 e a orquestra Cinema. O domingo actuarán o dúo La Rosa e maila orquestra Ciclomanía, mentres que o o luns, último día das festas, actuarán na verbena o grupo Unión y Fuerza e a orquestra Furia Joven.

As festas do Milladoiro comezan este sábado, 3 de agosto, as 10.00 horas, co tradicional lanzamento de bombas anunciando o comezo de festas. Xa pola noite, ás 22.30 horas, contarase coas actuacións do grupo PK2 e da orquestra Cinema. O domingo, 4 de agosto, ás 12.30 horas, farase a tradicional procesión dende o comezo da avenida Rosalía de Castro ata a Capela da Madalena, seguida dunha misa ás 13:00 horas. Unha vez rematada a misa haberá sesión vermú a cargo da orquestra Ciclomanía. Pola noite, ás 22.00 horas, haberá verbena amenizada polo grupo La Rosa e a orquestra Ciclomanía.

O luns, 5 de agosto, último día das festas, haberá un pasarrúas pola mañá a cargo da charanga Tíralle do aire. Ás 21:00 horas terá lugar unha misa solemne na Capela da Madalena, seguida do traslado da Virxe a súa Capela, ás 21:30 horas. Durante a noite, a partir das 22:00 horas, a verbena será amenizada polo grupo Unión y Fuerza e pola orquestra Furia Joven. Ademais, haberá servizo de polbería a cargo de Pulpería García.

Comentarios