O padexeiro do amesá, Gabriel Martínez Pachón, participa no Campionato do Mundo de Sprint Júnior 2019

O padexeiro do amesá, Gabriel Martínez Pachón, participa no Campionato do Mundo de Sprint Júnior 2019
O padexeiro do amesá, Gabriel Martínez Pachón, participa no Campionato do Mundo de Sprint Júnior 2019

Gabriel Martínez Pachón, padexeiro do Club de piragüismo Ribeiras do Tambre, está participando no Campionato do Mundo de Sprint Júnior 2019, que se celebra do 1 ao 4 de agosto na localidade de Pitesti

Gabriel Martínez Pachón, padexeiro do Club de piragüismo Ribeiras do Tambre, está participando no Campionato do Mundo de Sprint Júnior 2019, que se celebra do 1 ao 4 de agosto na localidade de Pitesti (Romanía). Gabriel Martínez participa neste campionato do Mundo na súa proba favorita, o K-1 200 metros. Este xoves, 1 de agosto, comezou a súa participación en dito campionato clasificándose para a proba de semifinais.

Gabriel Martínez Pachón, padexeiro do Club de piragüismo Ribeiras do Tambre, está participando no Campionato do Mundo de Sprint Júnior 2019 que se celebra do 1 ao 4 de Agosto na localidade romanesa de Pitesti (Romanía). Gabriel Martínez participa neste campionato do Mundo na proba de K-1 200 metros. 

Este xoves, 1 de agosto, comezou a súa participación en dito campionato na quinta eliminatoria (ás 15:00 horas), conseguindo a segunda praza na mesma e dándolle acceso ás semifinais. O padexeiro amesán logrou un tempo de 00:00:37.102. Quedou na segunda praza a 00:00:00.406 do padexeiro canadense Laurent Lavigne. 

Este sábado, 3 de agosto, ás 08:10 (horas española) disputa a semifinal. Para poder optar á final terá que quedar entre os 3 primeiros. A final disputarase tamén mañá sábado ás 10:47 horas.

Comentarios