Dúas persoas feridas e varios animais ceibos nun accidente de tráfico na AP-9, á altura de Pontevedra

Dúas persoas feridas e varios animais ceibos nun accidente de tráfico na AP-9, á altura de Pontevedra
Dúas persoas feridas e varios animais ceibos nun accidente de tráfico na AP-9, á altura de Pontevedra

O accidente ocorreu no punto quilométrico 126,500 da autoestrada, sentido Santiago, uns minutos antes das 18:30 horas de onte

Unha saída de vía dunha furgoneta que deu varias voltas de campá saldouse esta tarde con dúas persoas feridas e varios animas soltos na AP-9, á altura de Pontevedra. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, en total foron dez cans os que remataron na vía de circulación e foron retidos polos axentes da Garda Civil de Tráfico, despois de que o remolque do vehículo finalizase encima do gardarraíl.

O accidente ocorreu no punto quilométrico 126,500 da autoestrada, sentido Santiago, uns minutos antes das 18:30 horas de onte. Nese momento, varias persoas particulares contactaban co 112 Galicia para dar conta dos feitos.

Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia requiriron a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da vía, que se encargou de retirar os animais da autoestrada.

Tamén, desde o 112 Galicia informouse do ocorrido aos Bombeiros de Pontevedra e á Policía Local.

Comentarios