¡Viva o pemento de Herbón!

¡Viva o pemento de Herbón!
¡Viva o pemento de Herbón!

A carballeira de Herbón acolleu a XLI Festa do Pemento

Esta mediodía a carballeira do convento de Herbón acolleu a XLI Festa do Pemento, declarada de Interese Turístico de Galicia, e na que a comisión de festas preparou máis de 1.000 kilos de pementos ao seu estilo máis clásicos para todos os públicos.

A festa comezou sobre as 9:00 horas co tradicional pasarrúas a cargo do grupo de gaiteiros Os Mersenarios e unha charanga da DGT. Despois, ás 10:30 horas, comezou a misa campestre para dar despois o inicio a festa.

Ás 11:30 horas deu comezo a procesión agrícola de tractores que foron pola vila de Padrón par despois volver á carballeira á espera da entrega de premios.

Sobre as 13:30 horas deu comezo o pregón da festa que este ano correu a cargo do director de Cope Galicia, Javier Maroño, no que seu discurso alabou o pemento nas súas diferentes versión e converténdose nun símbolo internacional máis alá das fronteiras de Galicia e España. Masito Beiró e Manuel Garrido foron premiados pola súa labor de divulgación dos pementos de Herbón.

Por último, deu comezo a entrega dos premios aos mellores tractrores engalanados. Máis de 25 tractores recibiron os seus respectivos premios cun aplauso final por parte dos asistentes. Ao rematar, os presentes na festa puideron degustar os 1.000 kilogramos de pementos fritidos listos para comer.

CONCURSO DE TAPAS DE PIMENTOS

Como vén sendo habitual desde fai sete anos, os venres e sábados de agosto celébrase o concurso de tapas de pementos de Herbón no que por 1,50 euros poderase degustar as mellores tapas deste pemento nos establecementos participantes.

Collendo como base o pemento, os locais hostaleiros elaboran unha pequena tapa para os clientes que se acheguen a probalo. O Café Bar Ruta Xacobea, o Central Perk ou Caprichos son algúns dos establecementos que participan.

Esta idea que xurdiu fai sete anos e pretende que tanto os veciños como visitantes e peregrinos proben un produto único e recoñecido no mundo.


Comentarios
Lo más