Un home ferido grave ao saírse da vía o turismo no que viaxaba en Oza-Cesuras

Un home ferido grave ao saírse da vía o turismo no que viaxaba en Oza-Cesuras
Un home ferido grave ao saírse da vía o turismo no que viaxaba en Oza-Cesuras

Os feitos tiveron lugar ao fío das 18:15 horas de onte

O condutor dun turismo resultou ferido grave ao saírse da vía o vehículo no que circulaba en Oza-Cesuras.

Debido a gravidade das feridas do home, o 061-Urxencias Sanitarias mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago ata o lugar do sinistro, na DP-2602 á altura do lugar da Lamela.

Os feitos tiveron lugar ao fío das 18:15 horas de onte. Foi nese momento cando unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar do accidente e, nada máis ter constancia, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, do GES de Curtis e dos Bombeiros de Betanzos.

Finalmente, o condutor do turismo accidentado foi trasladado ao centro hospitalario de referencia na aeronave.

Comentarios