O Pino puxo en valor a raza do galo piñeiro na celebración da súa vixésima edición

O Pino puxo en valor a raza do galo piñeiro na celebración da súa vixésima edición
O Pino puxo en valor a raza do galo piñeiro na celebración da súa vixésima edición

Manuel Rodríguez, que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, salientou o traballo dos produtores por recuperar esta raza

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, asistiu onte á XX Festa do galo piñeiro e mostra cabalar do Pino e alí destacou a singularidade da raza piñeira como polo de atracción neste municipio coruñés. Manuel Rodríguez, que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, salientou o traballo dos produtores por recuperar esta raza.

Esta festa, declarada de Interese Turístico de Galicia desde o 2010, está consolidada no calendario de feiras agroalimentarias de Galicia e supón un sustento económico para os veciños deste municipio e da propia comarca de Arzúa. 

Comentarios