A ordense Lara López, campioa de España en Sprint Praia

A ordense Lara López, campioa de España en Sprint Praia
A ordense Lara López, campioa de España en Sprint Praia

Lara López proclamouse campioa de España Absoluta na proba de Sprint Praia e terceira na proba de Bandeiras


Excelente participación da ordense Lara López Fernández, do Club SASA, no Campionato de España Absoluto de Salvamento e Socorrismo, disputado na Praia de Orzán (A Coruña) hai escasas datas. 

Neste campionato Lara López proclamouse campioa de España Absoluta na proba de Sprint Praia e terceira na proba de Bandeiras. 

O mérito medra si se ten en conta que con tan so 17 anos mediuse con deportistas de maior idade que conforman a élite do Salvamento e socorrismo nacional.

Comentarios