A USC atópase no posto 456 de entre dúas mil nas mellores universidades do mundo

A USC atópase no posto 456 de entre dúas mil nas mellores universidades do mundo
A USC atópase no posto 456 de entre dúas mil nas mellores universidades do mundo

O Center for World University Rankings preséntase como unha organización de consultoría que brinda asesoramento sobre políticas, información estratéxica e servizos de consultaría a gobernos e universidades

O Center for World University Rankings (CWUR) ascende á USC ata a posición 456 de entre dúas mil universidades de todo o mundo, logo da análise de 20.000 institucións universitarias avaliadas e clasificadas segundo o seu desempeño académico. O rendemento investigador e a empregabilidade son os dous aspectos mellor valorados da USC, na posición décimo terceira de entre as 53 institucións españolas recollidas nesta clasificación.

CWUR utiliza sete obxectivos e unha serie de indicadores nos que se valora de xeito especial a calidade da educación (medida polo número de alumnos premiados con recoñecementos internacionais); inserción laboral do alumnado, calidade do persoal docente (atendendo ao número de académicos premiados en convocatorias internacionais); e rendemento investigador, a través da análise dos resultados científicos, publicacións de alto impacto ou índice de citacións, entre outros.

O Center for World University Rankings preséntase como unha organización de consultoría que brinda asesoramento sobre políticas, información estratéxica e servizos de consultaría a gobernos e universidades para mellorar os resultados educativos e de investigación. CWUR “publica clasificacións universitarias globais autorizadas, coñecidas pola súa obxectividade, transparencia e consistencia”.

Comentarios