Recibimento do alcalde en funcións aos músicos de "Música en Compostela"

Recibimento do alcalde en funcións aos músicos de "Música en Compostela"
Arquivo
Recibimento do alcalde en funcións aos músicos de "Música en Compostela"

O encontro tivo lugar a 13:00 no Pazo de Raxoi e foi o alcalde en funcións o encargado de recibir aos músicos

Hoxe, no salón nobre do Pazo de Raxoi, tivo lugar o acto de recibimento aos 120 músicos procedentes de 11 países con motivo do encontro universitario Internacional "Música en Compostela". 

A presidenta de "Música en Compostela", María Dobarro  foi a encargada de abrir o acto cunhas palabras, agradecendo a todos os asistentes e facendo fincanpé no esforzo e dedicación que é organizar unha edición número 62. A concelleira estaba acompañada dos edís: Noa Díaz, José Antonio Constenla, do PP; e Goretti Samartín e Navia Rivas do BNG, ademais do actual alcalde en funcións, Sindo Guinarte..

Durante a sesión do acto, tanto Sindo como María agradeceron esta actividade impulsada desde 1958 polo mestre Andrés Segovia e aseguraron que Santiago é unha cidade moi vinculada coa cultura, especialmente a música. O alcalde en funcións pediulle aos/as participantes ser "transmisores dos valores desta cidade, unha cidade de acollida, amable, aberta, que transmite patrimonio e cultura". Con estas palabras finalizou a quenda de palabra e deu paso ao "cocktail" que estaba previsto.

"Música en Compostela" comezou o 28 de xullo e rematará o 10 de agosto e entre as vindeiras actividades programadas, destacan o concerto da Real Filharmónica de Galicia, dirixida por Mazimino Zumalave.



Comentarios