Victor Senra prepárase para un dos seus rallis favoritos
Victor Senra atende ás nosas preguntas sobre a vida do rally e falamos do Rally Botafumeiro
Victor Senra, nado en Dumbría e actualmente residente na cidade da Coruña vai ter que defender o título esta fin de semana no rally Botafumeiro. Entre adestramentos pudemos localizalo e falar con el sobre un dos campionatos que máis desfruta.
Victor comezou a súa traxetoria desde novo. "Empecín a correr en 1996 e en Karting e despois no 2003 paseime ao Rali" e agora compite no Campionato de Galicia de Rallys e no Campionato de España de Rallys. Ten unha ampla carreira da que non lle gusta alardean, pero se lle preguntas, non pon pegas en comentar que "fun 5 ou 6 veces campión do rally Botafumeiro é para min e un dos rallys que máis cariño lle teño", supoñemos que non só o dirá polo número de victorias, senón que tamén é un dos rallis máis condolidados en Galicia.
A medida que trascorre a entrevista explicanos que "é moi difícil vivir da competición, eu aparte teño un negocio, dedícome á compraventa de coches". Entendemos que ningún piloto en Galicia obtén os ingresos suficientes para dedicarse exclusivamente, mais por se acaso, Victor asegurounolo rotundamente.
O fillo de Manuel Senra explícanos que non é o mesmo adestrar ao fútbol ou balocesto como os coches "Eu adestro unha semana antes da competición. "Unha vez coñezo os tramos vou co meu coche particular e calculo e memorizo o percorrido polo que vou correr. Logo, o día da carreira xa intento ir o máis rápido posible".
Falando das carreiras con máis kilometraxe que fixo, destaca o rally de Catalunya "300 kilómetros repartidos en varios tramos" e para despedirnos, fala do Citroen C3 RS que lle proporciona a escudería Dakar Racing e co que vai competir este fin de semana no Rally Botafumeiro, os días 9 e 10 de Agosto, aínda que este ano, de maneira novidosa, o segundo día comenzará co tramo especial Souto de Vea, un tramo totalmente novo e que recorrerá parte do antiguo tramo do Xirimbao.