Ferido de gravidade un pequeno de cinco anos ao ter un accidente co kart que lle regalou o seu pai

Ferido de gravidade un pequeno de cinco anos ao ter un accidente co kart que lle regalou o seu pai
Ferido de gravidade un pequeno de cinco anos ao ter un accidente co kart que lle regalou o seu pai

O pai regaloulle ao seu fillo o kart e levouno ata a esplanada do centro escolar de Beade para ensinarlle a conducilo

Un pequeno de cinco anos está ferido de gravidade despois de sufrir un accidente cando conducía un kart na parroquia de Beade, no concello de Vigo. Segundo a versión das autoridades, o neno estaba aprendendo a manexar o vehículo co seu pai cando se precipitou por un barranco.

Nestes momentos o pequeno está ingresado na UCI do hospital Álvaro Cunqueiro á espera de que lle operen a cara ya qeu sufriu un forte golpe.

O pai regaloulle ao seu fillo o kart e levouno ata a esplanada do centro escolar de Beade para ensinarlle a conducilo. O neno de cinco anos perdeu o control do vehículo polo que bateu contra un quitamedos, para colarse por debaixo del e caer polo barranco. Finalmente, o kart chocou contra unha árbore e foi o que fixo paralo.

As autoridades están investigando os feitos para esclarecer se pode imputárselle un delito ao seu pai e o vehículo está no depósito municipal, onde está a esperar de pasar a disposición xudicial.

Comentarios