Esta fin de semana dispútase o I Torneo de Básket 3x3 Concello de Ordes

Esta fin de semana dispútase o I Torneo de Básket 3x3 Concello de Ordes
Esta fin de semana dispútase o I Torneo de Básket 3x3 Concello de Ordes

En total participarán 8 equipos da categoría maiores de idade

Os próximos venres e sábado, 9 e 10 de agosto, disputarase o I Torneo de Básket 3x3 organizado polo Concello de Ordes. Os partidos terán lugar na pista multideporte situada no Campo da Feira, aínda que en caso de chuvia trasladaranse ao pavillón Campomaior.

En total participarán 8 equipos da categoría maiores de idade. Estes son: Queique, Jordanos, Coruños, Vanir Tattoo, Balón no Cesto, Consello de Sabios, Equipo A e Cen Sabores. Os horarios dos encontros irán dende as 20.20 ata as 22 horas o venres, e de 10.30 a 13.30 horas o sábado (Consultar calendario adxunto).

Comentarios