O Concello de Rois propón novo rueiro no núcleo da Calle e numeración na parroquia de Urdilde

O Concello de Rois propón novo rueiro no núcleo da Calle e numeración na parroquia de Urdilde
O Concello de Rois propón novo rueiro no núcleo da Calle e numeración na parroquia de Urdilde

Rúa Compostela, Carlos Villaverde ou Campanario son algúns dos nomes propostos

O Concello de Rois quere ordenar a numeración das vivendas na parroquia de Urdilde e propón tamén unha nova denominación para a maioría das rúas do núcleo da Calle, para facilitar a localización e simplificar a denominación nunha das zonas de máis crecemento do municipio. Os veciños e todas as persoas interesadas poderán consultar o expediente ata o día 26 de agosto nas oficinas municipais.

Así, para o núcleo da Calle (popularmente coñecido como Urdilde), proponse o nome de rúa Compostela para o tramo urbano da estrada autonómica que comunica Santiago con Noia (AC-543). Rúa Carlos Villaverde e a proposta para denominar o vial que pasa polo centro de saúde e que logo comunica esta localidade coa capital municipio, rúa que leva o nome do que foi mestre e practicante en Urdilde durante moitos anos. Un traballo en pro da comunidade que xa se lle ten recoñecido cunha homenaxe e un busto no centro escolar.

Outros dos nomes propostos son Camiño Real, rúa Campanario ou estrada de Negreira son outros dos nomes propostos para o rueiro da localidade da Calle, a segunda máis poboada do Concello de Rois.

Ademais, tamén se reordena a numeración de todas as vivendas da parroquia de Urdilde, para simplificar e ordenar a localización das mesmas, facilitando, entre outras cousas, o reparto de correspondencia e comunicacións cons veciños.

As persoas, empresas ou entidades interesadas poderán consultar o expediente destas novas denominación ata o día 26 de agosto tanto nas dependencias municipais (de 08.30 a 14.00 horas) de luns a venres, como na oficina municipal de Urdilde, os martes e xoves de 09.00 a 11.00 horas.

Comentarios