Clausura da primeira quenda do Summer Camp
11:09 10/08/19
11:09 10/08/19
O Summer Camp congregou nesta ocasión a preto de 140 nenos e nenas que o pasaron en grande durante as mañás
Recentemente a concelleira de Educación do Concello de Ordes, Susana García, clausurou a primeira quenda, correspondente ao mes de xullo, das actividades de conciliación.
O Summer Camp congregou nesta ocasión a preto de 140 nenos e nenas que o pasaron en grande durante as mañás. Saídas ao parque e zonas verdes, xogos en grupos, obradoiros creativos, festas temáticas, música e baile, merendas e moito máis e do que puideron gozar.
Tanto é así que a maioría decidiu repetir neste mes de agosto. Como recordo deste verán Susana García fíxolle entrega dun diploma, ademais dunha boa bolsa chea de lambetadas.