O Punto Limpo de Ames rexistra 628 entradas durante o mes de xullo

O Punto Limpo de Ames rexistra 628 entradas durante o mes de xullo
O Punto Limpo de Ames rexistra 628 entradas durante o mes de xullo

A cifra de entradas deste mes de xullo é moi similar a dos meses de xullo e agosto do ano pasado, cando se rexistraron 612 e 615 visitas respectivamente. O teito no número de entradas está nas 650 entradas rexistradas no mes de setembro de 2017

O centro de depósito de residuos do Punto Limpo de Ames, situado no polígono do Milladoiro, rexistrou durante o pasado mes de xullo 628 visitas, unha das cifras máis elevadas de entradas por mes dende que se inaugurou en xaneiro de 2007. O teito está nas 650 entradas rexistradas no mes de setembro de 2017. Para concienciar á veciñanza de que vivir nun Ames limpo depende de cada un de nós, púxose en marcha a campaña “Cada cousa no seu sitio!”. Este servizo municipal está xestionado pola empresa Urbaser.

Os veciños e veciñas de Ames cada vez son máis conscientes da importancia que ten facer un uso correcto dos residuos que non van os colectores convencionais. Iso demóstrase no incremento de visitas que está experimentando o Punto Limpo. Cada vez son máis as persoas que achegan a este centro para depositar alí todo tipo de residuos, favorecendo a súa mellor valorización e evitando o seu depósito incontrolado. Así non pasado mes de xullo alcanzáronse as 628 visitas, unha das mellores entradas por mes dende que comezou a funcionar este servizo a comezos de 2017.

A cifra de entradas deste mes de xullo é moi similar a dos meses de xullo e agosto do ano pasado, cando se rexistraron 612 e 615 visitas respectivamente. O teito no número de entradas está nas 650 entradas rexistradas no mes de setembro de 2017.

En relación aos residuos achegados pola veciñanza amesá no pasado mes de xullo destaca notablemente o incremento no aporte de aceite vexetal, achegándose 130 litros, e de pneumáticos fóra de uso con 430 quilos (54 unidades).

Deste xeito durante o mes de xullo os veciños e veciñas de Ames entregaron 3.244 quilos de equipos electrónicos, 120 quilogramos de envases baleiros contaminados e 430 quilos (54 unidades) de pneumáticos que se atopaban fóra de uso. Tamén se entregaron 76 unidades de tubos fluorescentes e outras lámpadas, 220 quilos (14 unidades) de baterías de chumbo, 15 quilogramos (430 unidades) de pilas e 14 unidades de aerosois.

Os entullos procedentes de obras menores supuxeron 30 metros cúbicos, aos que se sumaron 20 metros cúbicos de plásticos, 30 de metais e outros 80 de madeira, así como 104 quilogramos de pintura. Os veciños e veciñas tamén achegaron 130 litros de aceites vexetais e outros 46 de aceite de motor. O Punto Limpo tamén recolleu 3 metros cúbicos de roupa, 9 de papel e outros 80 de voluminosos como colchóns, sofás e escumas. 

Comentarios