Accidente con feridos en Teo

Accidente con feridos en Teo
Accidente con feridos en Teo

O alertante que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda indicou que dúas mulleres, ocupantes dun dos vehículos implicados, precisaban asistencia sanitaria con urxencia

Esta mañá sobre as 08:30 horas, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia era informado dun accidente entre dous turismos que circulaban pola AG-59, á altura da entrada a Santiago de Compostela, no concello de coruñés de Teo. 

O alertante que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda indicou que dúas mulleres, ocupantes dun dos vehículos implicados, precisaban asistencia sanitaria con urxencia.

De inmediato, desde o 112 Galicia pasouse aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Igualmente, informouse aos axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local, aos Bombeiros de Santiago, aos membros do GES da Estrada e aos efectivos de Protección Civil, que tras chegar ao lugar solicitaron asistencia para outro ocupante do turismo.

Comentarios