O Ministerio de Transición Ecolóxica comprométese a axilizar os trámites para iniciar a nova EDAR en Silvouta

O Ministerio de Transición Ecolóxica comprométese a axilizar os trámites para iniciar a nova EDAR en Silvouta
O Ministerio de Transición Ecolóxica comprométese a axilizar os trámites para iniciar a nova EDAR en Silvouta

O 30 de setembro, as nove empresas que se presentaron ao procedemento de concorrencia competitiva deberán presentar as propostas técnicas

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse onte en Madrid co secretario de Estado de Medio Ambiente en funcións, Hugo Morán. O compromiso do organismo, sinalou o rexedor, é realizar "todos os trámites necesarios para que as obras da EDAR da Silvouta poidan comezar a principios do 2022" e poder así aproveitar os fondos europeos concedidos nesta etapa.

Co encontro de onte completouse, segundo explicou Sánchez Bugallo, "o ciclo de reunións orientadas a impulsar de forma decisiva a construción da EDAR da Silvouta", despois das xuntanzas mantidas coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e coa directora de ACUAES, Rosa Cobo, na que tamén estiveron presentes técnicos da Consellería de Medio Ambiente.

O 30 de setembro, as nove empresas que se presentaron ao procedemento de concorrencia competitiva deberán presentar as propostas técnicas. E antes de final de final de ano, explicou Sánchez Bugallo, "ACUAES, en colaboración coa Xunta e co Concello, seleccionará as catro que considere máis axeitadas para que presenten o seu proxecto antes do verán do 2020".

A continuación, unha vez seleccionado o proxecto técnico, hai que realizar, afirmou Sánchez Bugallo, "o trámite medioambiental". Todas as administracións comparten, segundo confirmou, que este procedemento para a autorización medioambiental debería ser simplificado, "pero ata que non teñamos o proxecto técnico non se poderá dar resposta a esta cuestión". Engadiu o rexedor que "procuraremos que sexa simplificado", traballando con ese obxectivo, porque a finalidade "é que as obras estean comezadas en xaneiro de 2022, o que permitiría seguir contando cos fondos europeos para a súa financiación". 

Comentarios
Lo más