Día do neno e da nena en Ordes

Día do neno e da nena en Ordes
Día do neno e da nena en Ordes

Unha actividade que forma parte do programa Unha Viaxe pola Cultura e que terá lugar no Campo da Feira a partir das 17 horas

Este venres, 9 de agosto, os máis pequenos e pequenas de Ordes teñen unha cita ineludible con Día do neno e da nena. Unha actividade que forma parte do programa Unha Viaxe pola Cultura e que terá lugar no Campo da Feira a partir das 17 horas, aínda que no caso de chuvia trasladarase ao pavillón Campomaior.

Toda a rapazada poderá desfrutar durante varias horas con xogos de habilidade realizados con material de refugallo, gardería, varredoras para brincar, pista americana de obstáculos, tobogáns, inchables, obradoiros, circuítos, pistas de obstáculos e de bolas, safari park, cars, animacións, xeados, flocos de millo etc. 

Como é costume unha gran festa da espuma porá o punto final a esta xornada que, como cada ano, de seguro que resultará inolvidable.

Comentarios