Un stand do programa "AgresiónOFF. Eu digo non á violencia sexual" estará este domingo nas festa da Peregrina

Un stand do programa "AgresiónOFF. Eu digo non á violencia sexual" estará este domingo nas festa da Peregrina
Un stand do programa "AgresiónOFF. Eu digo non á violencia sexual" estará este domingo nas festa da Peregrina

A intervención desenvolverase mediante a instalación dun stand de madeira, na que se promoverá a realización de obradoiros, durante 6 horas e media.

Un stand do programa "AgresiónOFF. Eu digo non á violencia sexual", da Secretaría Xeral de Igualdade, estará este domingo, 11 de agosto, a partir das 19.00 horas, nunha esquina do aparcadoiro do campo das festas da Peregrina, en Bertamiráns. Tratase dunha campaña que se enmarca no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, a través da cal se trata de informar e sensibilizar á veciñanza para loitar contra esta lacra. 

A Concellaría de Benestar Social colabora coa Secretaría Xeral de Igualdade, da Xunta de Galicia, na campaña "AgresiónOFF. Eu digo non á violencia sexual". Deste xeito, este domingo, 11 de agosto, a partir das 19.00 horas, un stand deste programa estará situado nunha esquina do aparcadoiro do campo das festas da Peregrina, en Bertamiráns. Tratase dunha campaña que se enmarca no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, a través da cal se trata de informar e sensibilizar a veciñanza para loitar contra esta lacra. A intervención desenvolverase mediante a instalación dun stand de madeira, na que se promoverá a realización de obradoiros, durante 6 horas e media.

En dito stand realizaranse distintos tipos de actividades e obradoiros, nas que se poderá participar de xeito individual, en parella ou en grupo. As persoas que o desexen poderán participar no obradoiro de gafas 3D de realidade virtual VR no que se poderán visionar, a través dunhas gafas 3D VR, diferentes vídeos vinculados á temática; así como na actividade Comunicación mediante tubaxes. O stand leva incorporadas 12 tubaxes, en cada unha das cales se inclúen diferentes mitos, realidades ou actitudes machistas relacionadas coa violencia de xénero co fin de transmitir dun lado a outro do stand as propias opinións.

Tamén se poderá participar no Violentómetro que é unha dinámica na que os participantes deberán clasificar diferentes actitudes sobre a violencia de xénero, cada unha máis ou menos grave, analizándoas e colocándoas en función das súas propias conclusións no lugar axeitado (coidado-reacciona-afástate); no Photocall transparente que é unha dinámica moi sinxela e divertida na que se pretende romper estereotipos de xénero impostos e facer voar a imaxinación das persoas participantes. No acetato haberá debuxado diferentes elementos en relación o xénero, os cales os participantes poderán utilizar para caracterizarse e escribir en relación a temática, así coma sacarse unha foto para subir as redes sociais co hashtag #AgresiónOFF.

Outra das actividades que se porán en marcha son: Ollo cos micromachismo! No stand haberá tamén un Panel de pensamentos, onde as/os participantes poderán escribir nuns post-it as accións que elas/eles creen que son micromachismos na nosa sociedade. Unha vez escrito, este se pegará no panel para compartir esa acción cos demais, creando así un gran mural de alerta contra os micomachismos, ao mesmo tempo que se debate sobre as diferentes accións.

Por outra banda, realizarase un xogo tecnolóxico on line denominado Kahood da igualdade. Nunha pantalla proxectarase este xogo no que a través do móbil e un sinxelo rexistro, as persoas participantes poderán responder a diferentes preguntas “on line” en directo sobre a violencia de xénero, comprobando ao momento quen acada a puntuación máis alta en cada partida.

ACTIVIDADES PARA MENORES

Ademais, haberá dúas actividades dirixidas aos menores: A primeira é Naipai, na que haberá que debuxar a mamá de azul e a papá de rosa. Cada cativo e cativa que se achegue a dinámica da pizarra terá que debuxar a mamá se é neno e a papá se é nena coa súa axuda, nas cores que inverten o estereotipo xeral de xénero masculino e feminino. A actividade pode levarse a cabo tanto individual coma por parellas.

A segunda é Animalia, un xogo cooperativo para resolver conflitos. En grupo, onde pode participar a familia, comézase dicindo o nome da persoa e a de un animal que comece pola inicial do nome en feminino, por exemplo son Luis e o meu animal e a Leona. Posteriormente o seguinte debe dicir e nome e animal de Luis e o seu propio, así ata completar o círculo. Se alguén non se acorda pode gritar “selva” e todos se cambian de grupo volvéndose a comezar. A actividade está pensada para grupos pequenos (5-6 participantes) con pais e nais.

Ademais, ao longo da intervención distribuiranse flyers co ‘Decálogo contra a violencia sexual: 10 cousas que tes que saber’ en galego, castelán e inglés, así coma merchandising cos logotipos de programa, incluíndo mochilas, sombreiros, pulseiras, chapas, landyards, fundas aquapark e landyards portamóbiles.

Comentarios