Ordes prepárase para unha semana chea de festa e diversión

Ordes prepárase para unha semana chea de festa e diversión
Ordes prepárase para unha semana chea de festa e diversión

Dende o vindeiro martes ata o sábado sucederanse sin pausa os actos de celebración das festas patronoais na honra á Santa María

O municipio de Ordes prepárase para vivir as súas festas patronais na honra á Santa María. A partir da vindeira semana tanto á veciñanza como ás persoas que visiten a vila agárdanlles cinco días de celebración por todo o alto, onde a diversión e a alegría está garantidas.

O martes, 13 de agosto, a partir das 23.30 horas, a alameda de Ordes converterase nunha gran pista de baile coa actuación DJ´s no Camiño. Unha cita que conta cun cartel de luxo formado por Magán, CDC D´JS e David Expósito. Non faltarán gogós, lanzamento de agasallos, fogos artificiais e moito máis.

A sesión vermú do mércores, día 14, estará amenizada pola orquestra Compostela, que volverá a repetir pase pola noite a carón da París de Noia.

No día grande de celebración a gran protagonista será a patroa de Ordes, a Santa María. Este xoves a misa solemne arrancará ás 12 horas e contará posteriormente coa tradicional procesión. Os gaiteiros e cabezudos de Cultural Espadana darán conta dende ben cedo de que se trata dun día de festa por todo o alto. Ademais a Banda de Música de Teo ofrecerá un concerto na alameda para darlle paso á orquestra Trovadores, que serán os encargados de facer bailar a todos e a todas tanto a mediodía como na verbena nocturna, neste último caso acompañados por Los Satélites.

O venres día 16 o Concello renderalle unha especial homenaxe aos seus emigrantes. Este ano estarán representados por Dolores Carrera Viqueira, quen acudirá coa su familia tanto aos actos relixiosos que darán comezo ás 13 horas como a ofrenda floral que terá lugar posteriormente ante o monumento ao emigrante. A nota musical nesta xornada virá dada pola Banda de Música de Ordes, a orquestra principal e o Combo Dominicano.

SEIVANE E GURRUCHAGA

O último día de festexos, o sábado 17, a orquestra Paraíso actuará a mediodía. Entrada a noite a gaiteira Susana Seivane xunto a Javier Gurruchaga e a Orquestra Mondragón serán os protagonistas do III Festival Sons de Ordes.

Ademais de todo isto tamén haberá feira de artesanía ao longo de todos estes días. O lugar onde si instalarán os máis de 30 postos inscritos ata o de agora será no parque da Constitución.

Comentarios