Finalizan as obras de asfaltado da rúa Lagartos

Finalizan as obras de asfaltado da rúa Lagartos
Finalizan as obras de asfaltado da rúa Lagartos

O orzamento ascendeu a algo máis de 15.700 € sufragados co remanente acadado

O Concello de Ordes vén de rematar os traballos de aglomerado na rúa Lagartos. A nova capa de rodaxe aplicouse ao longo dun tramo de 260 metros de longo e 8 metros de ancho. Tamén se levou a cabo a instalación de dúas arquetas con sumidoiro, a sinalización horizontal (pintado de paso de peóns e demais sinais circulatorias), así como a instalación dun paso de peóns elevado no entronque coa estrada DP-3802 (Ordes-Pontecarreira).

O orzamento desta intervención ascende a 15.714 euros, os cales serán sufragados co remanente acadado polo Concello de Ordes.

Comentarios