Feridas dúas persoas nun accidente de coche en Teo

Feridas dúas persoas nun accidente de coche en Teo
Feridas dúas persoas nun accidente de coche en Teo

Unha vez rematada a intervención, os feridos foron trasladados ao centro hospitalario de referencia e o servizo de mantemento da estrada encargouse dos traballos de limpeza da vía.

Dúas persoas resultaron feridas, desta vez no concello coruñés de Teo, ao saírse da vía o vehículo no que viaxaban.

Poucos minutos despois das 13:00 horas de onte, o 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa particular informando dun accidente na AG-59, á altura do punto quilométrico 6. No seu relato, indicaba que un dos ocupantes podía estar atrapado.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, solicitouse a intervención dos servizos sanitarios e tamén dos Bombeiros de Ordes e membros do GES da Estrada para liberar ao ferido.

Finalmente, os servizos de emerxencias confirmaron desprazados ata o lugar do accidente confirmaron que non foi preciso o uso do material de excarceración.

Unha vez rematada a intervención, os feridos foron trasladados ao centro hospitalario de referencia e o servizo de mantemento da estrada encargouse dos traballos de limpeza da vía. Tamén solicitouse a colaboración dos membros de Protección Civil de Teo e da Estrada.

Comentarios