Restricións de tráfico con motivo do XXVII Rally Botafumeiro

Restricións de tráfico con motivo do XXVII Rally Botafumeiro
Restricións de tráfico con motivo do XXVII Rally Botafumeiro

Dende as 17:00 h ata as 20:00 h, a organización ocupará a devandita rúa de Antonio Raimundo Ibáñez, onde permanecerán os vehículos ata as 18:30 h, momento no que tomarán a saída, cada 30 segundos

O venres 9 e o sábado 10 de agosto celébrase a XXVII edición do Rally Botafumeiro, o que provocará algunhas restricións de tráfico, tanto pola propia carreira (especialmente no tramo especial do venres 9 na zona de San Lázaro) como polo traslado dos vehículos dende o recinto feiral de Amio (onde estará situado o parque de traballo e onde se realizarán as verificacións administrativas e técnicas) aos tramos da carreira.

Durante a tarde do venres, os vehículos irán chegando ao Campus Vida dende o recinto feiral de Amio, seguindo un itinerario pola avenida de Asturias, Cruceiro da Coruña, San Caetano, avenida de Castelao, Vista Alegre, Galeras, Poza de Bar, San Lourenzo, avenida das Burgas e avenida de Compostela, para acceder á zona onde se realizará a cerimonia de saída, na rúa de Antonio Raimundo Ibáñez (Campus Vida).

Dende as 17:00 h ata as 20:00 h, a organización ocupará a devandita rúa de Antonio Raimundo Ibáñez, onde permanecerán os vehículos ata as 18:30 h, momento no que tomarán a saída, cada 30 segundos, pola avenida da Coruña, Rosalía de Castro, Xoán Carlos I, Senra, Fonte de San Antonio, Virxe da Cerca, As Rodas, San Roque, Basquiños, San Caetano, Cruceiro da Coruña e rúa de Amio, para acceder ao recinto feiral de Amio, onde permanecerán uns 10 minutos, para logo desprazarse, utilizando o vieiro SC-20, cara a avenida de Fernando Casas Novoa, onde se desenvolverá a 1º etapa do Rally, coa celebración do treito “Superespecial San Lázaro”. O paso dos vehículos poderá ocasionar alteracións temporais de tráfico.

O horario de paso do primeiro participante no treito de San Lázaro está previsto para as 19:10 h en primeira pasada e para as 21:03 h na segunda pasada, quedando os vehículos agrupados, entre unha pasada e a outra, na explanada de Salgueiriños.

Durante a celebración desta primeira etapa (entre as 19:00 e as 23:00 horas, aproximadamente), quedará cortado ao tráfico o acceso á avenida de Fernando Casas Novoa, dende a rúa de Clemente Fernández Sarela (facilitarase o acceso aos garaxes da zona) e dende a da rúa da Canteira de Arriba.

Tamén quedará cortado o acceso á avenida de Fernando Casas Novoa dende a rúa de Miguel Ferro Caaveiro, aínda que poderá usarse esta rúa para acceder ao vieiro SC-20 (avenida de Gonzalo Torrente Ballester) e viceversa, para que así non se vexan afectados os/as clientes dos establecementos hoteleiros da zona.

Axentes da Policía Local velarán pola seguridade no desenvolvemento da proba e polo cumprimento das normas de tráfico, tanto no entorno onde se realiza a cerimonia de saída coma nos accesos á zona de celebración do devandito tramo de carreira no ámbito de San Lázaro.

Comentarios