Éxito para Antonio Olveira e Eloy Rodríguez no Campionato Galego de Caza

Éxito para Antonio Olveira e Eloy Rodríguez no Campionato Galego de Caza
Éxito para Antonio Olveira e Eloy Rodríguez no Campionato Galego de Caza

Antonio Olveira proclamouse campión na modalidade San Huberto, mentres que Eloy Rodríguez obtivo un segundo posto en Levantadores

A fin de semana pasada disputouse en Boiro o Campionato Galego de Caza con moi bos resultados para dous riveirenses.

Así, Antonio Olveira proclamouse campión na modalidade San Huberto, mentres que Eloy Rodríguez obtivo un segundo posto en Levantadores e un primeiro posto en Cans de Parada co seu can Azor.

Trátase de magníficos resultados tendo en conta que antes tiveron que clasificarse nos certames local e provincial e na proba do sábado pasado se mediron coa élite da cinexética galega, tradicionalmente dominada por cazadores de Ferrol. O seu próximo reto é disputar o Campionato de España de Caza que se celebrará en Lleida.

Comentarios