Bertamiráns prepárase para celebrar as festas da Peregrina os días 10 e 11 de agosto

Bertamiráns prepárase para celebrar as festas da Peregrina os días 10 e 11 de agosto
Bertamiráns prepárase para celebrar as festas da Peregrina os días 10 e 11 de agosto

As festas da Peregrina de 2019 comezan este sábado, 10 de agosto, ás 19.00 horas, con pasarrúas

A localidade de Bertamiráns celebra durante esta fin de semana as festas da Peregrina. Os festexos comezan o sábado 10 coa celebración da V Festa do porco á brasa. O domingo 11 de agosto haberá pasarrúas, misa solemne e procesión, fogos de artificio, música, etc. O Concello de Ames e maila Deputación da Coruña colaboran na organización de ditas festas.

As festas da Peregrina de 2019 comezan este sábado, 10 de agosto, ás 19.00 horas, con pasarrúas. A partir das 22:00 horas, no campo da festa da Peregrina, desenvolverase unha nova edición da festa do porco á brasa. Ao longo da noite haberá lanzamento de fogos de artificio, e ao remate da cea, actuará o grupo La Rosa. Os billetes para participar desta degustación do porco á brasa poden adquirirse no Bar Mero e na Casa Abelleira.

As festas continuarán o domingo, 11 de agosto. Ás 10:00h farase a tradicional tirada das 21 bombas de palenque. De seguido, ás 11.00 haberá farase un pasarrúas a cargo da charanga Tíralle do aire. Ás 12:00h haberá misa solemne e unha vez rematada farase a procesión que estará acompañada pola Banda de música de Arca. A partir das 14.00 horas farase a tradicional tirada de bombas de palenque, que darán inicio a sesión vermú, que estará amenizada pola música da orquestra canaria Furia Joven.

Xa pola tarde, ás 19.00 horas, oficiarase unha misa e a continuación realizarase unha procesión de antorchas. Por último, a partir das 22.00 horas, haberá verbena no campo da festa da Peregrina a cargo do grupo Lume, que estará acompañado de Miguel Torres, e da orquestra Furia Joven. 

Comentarios
Lo más