As adversas previsións meteorolóxicas obrigan ao aprazamento da Noite Velada

As adversas previsións meteorolóxicas obrigan ao aprazamento da Noite Velada
As adversas previsións meteorolóxicas obrigan ao aprazamento da Noite Velada

A cita trasladarase ao vindeiro domingo 18 de agosto e adiántase ás 20.30 horas

O Concello de Boqueixón vén de cancelar a celebración da Noite Velada. A cita estaba prevista para mañá en Ponte Ledesma, se ben as adversas previsións meteorolóxicas obrigan a trasladala a outra data.

“A alta probabilidade de choiva obríganos a trasladar esta celebración ao vindeiro 18 de agosto. Adiantarémola ás 20.30 horas por coincidir en domingo”, explica o alcalde boqueixanés, Manuel Fernández Munín. Se non se producen modificacións de última hora, o programa de actuacións continuará igual, polo que ofrecerá as actuacións de Estralampo, Luz do Ilicinio, Muxicas da Silveira e Manoele de Felisa.

Do mesmo xeito, habilitaranse no Campo do Río postos de comida e bebida para todas as persoas asistentes. A Noite Velada finalizará coa representación do conxuro da queimada.

Comentarios