Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio en Ames

Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio en Ames
Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio en Ames

No que vai de ano, un total de 57 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Policía Autonómica, xunto con axentes forestais, veñen de esclarecer a autoría dun incendio forestal no concello de Ames.

Axentes do grupo de Investigación de Incendios da Xefatura de Santiago, en colaboración con persoal do distrito forestal III de Santiago-Meseta, tomaron declaración como investigado a un home como presunto autor dun lume forestal que tivo lugar o pasado 4 de agosto na parroquia de Biduído.

O incendio foi provocado polo lanzamento de artefactos pirotécnicos durante as festas patronais, sen tomar as correspondentes medidas de seguridade. Arderon 0,04 hectáreas de monte arborado e foi precisa a intervención dos servizos de extinción da Xunta.

As dilixencias remitíronse ao xulgado de instrución en funcións de garda de Santiago de Compostela.

No que vai de ano, un total de 57 persoas foron investigadas pola Policía da Xunta de Galicia como presuntas autoras de incendios forestais.

Comentarios
Lo más