Fletcher Magee​, a nova fichaxe do Obradoiro

Fletcher Magee​, a nova fichaxe do Obradoiro
Monbus Obradoiro
Fletcher Magee​, a nova fichaxe do Obradoiro

O escolta de 22 anos foi presentado polo clube no día de onte

Fletcher Magee será unha das novas incorparacións para o Monbus Obradoiro. O xoven escolta non tivo moitas oportunidades para decir que non, posto que neste verán, na Summer League das Vegas conoceu a Moncho Fernández e Jose Luis Mateo (director xeral e deportivo) e rápidamente lle amosaron o estilo e xogo do equipo santiagués que encandilou ao xogador.

De primeiras, declara que "a primeira impresión foi moi boa. Amosáronme videos de partidos e gustoume moito a forma na que xoga o equipo. Moncho enseñoume como xogan para os tiradores e deume coñecer as similitudes e diferenzas que haberá con respecto ao xogo na Universidade. Creo que será unha gran oportunidade para unime a este grupo".

O estadounidense síntese orgulloso de pasar a vindeira tempada nesta cidade, tal como declarou "estou moi emocionado porque sei que a Liga Endesa é a mellor e que hai equipos moi competitivos". Ademais cree oportuno coñecer de primeira man o estilo do xogo europeo e aprender das diferenzas ás que está acostumado.

De todas maneiras, o escolta, pediu referencias a un exobradoirista "Falei con Mike Muscala e díxome que o Obra era un sitio xenial no que estar e que adora tanto o equipo como a cidade". Polo tanto, aquelas persoas que se queiran abonar ao obradoiro para a próxima temporada, aínda están a tempo con numerosos descontos. 

Dende o clube, destacan que todos aqueles que sean abonados a vindeira tempada recibirán de agasallo as novas bufandas obradoiristas.

Comentarios