Os galegos somos moi tradicionais en canto ó sexo

Os galegos somos moi tradicionais en canto ó sexo
Imaxe de arquivo
Os galegos somos moi tradicionais en canto ó sexo

Máis dun 50% dos galegos afirma que só practica sexo unha vez á semana ou coma moito unha.

Según un estudo realizado por unha prestixiosa marca de preservativos, os galegos ocupamos o posto nº 7 do ranking de comunidades que máis sexo practican en España. Após de que nos gustaría practicalo mínimo unha vez cada 2-3 días.

O VIII Barómetro Los jóvenes españoles y el sexo, elaborado pola marca de preservativos Control revela as inquietudes sexuais dos xóvenes en idades comprendidas entre os 18 e 35 anos e indicanos datos como: a postura máis practicada en Galicia é "o misionero" cun 68,5% á que lle sigue a "postura do can" cun 48,9%.

O estudo tamén deixa claro que os galegos somos tradicionais á hora da localización e horarios, posto que máis do 60% seguen preferindo ter relacións sexuais pola noite, na casa e a poder ser na cama onde se vai durmir ca parella cunha porcentaxe dun 81,2%. De todas maneiras, no momento que se pregunta, cal sería o lugar que se escollería para practicar sexo fóra da casa? case o 50% responde que na praia preferiblemente no verán, seguida dos probadores dalgunha tenda cun 28,6% e no coche cunha porcentaxe un pouco inferior.

En relación co resto do Estado, os andaluces volven liderar a lista dos mellores na cama cun 18% dos votos seguidos dos canarios cun 9,6% e os cataláns nun 9,2%. No posto dos peor valorados están os navarrios cun 1,7 dos votos.

Aínda que esta xeración sea a que ten menos tabúes no referente ao sexo e a como vivilo, esta, practica moito menos sexo que as xeracións dos seus pais e avós cando tiñan a súa idade según pudemos comprobar en estudos anteriores. Ademais, o uso de xoguetes eróticos entre os xóvenes aumentou dunha maneira salientable, preto dun 50% e afirman (tanto homes como mulleres) que nalgún encontro sexual ca súa parella probaron algún xoguete como vibradores.

O estudo tamén revela a caída alarmante do uso do condón. O 51,1% asegura que o utiliza, aínda que en comparación co ano pasado esta cifra baixou un 27,1% e incluso algunha persoa admite que o utilizan de maneira ocasional.


Comentarios