Os traballadores dunha empresa de seguridade denuncian a falta de pago na nómina de xullo

Os traballadores dunha empresa de seguridade denuncian a falta de pago na nómina de xullo
Os traballadores dunha empresa de seguridade denuncian a falta de pago na nómina de xullo

A empresa, pertencente ao Grupo EME, non está a pagar as nóminas aos traballadores e xa fora denunciada na Inspección de Traballo

O Comité de Empresa denuncia que a sociedade Servizos de Seguridade Integral e Mantemento A-1, pertecente ao Grupo EME, adebédalle a nómina do mes de xullo ao seu cadro persoal. Lembran que a compañía, membro do Grupo EME, xa fora denunciada na Inspección de Traballo polo atraso no pago dos salarios.

Denuncian que esta situación “xa se miraba vir dende hai tempo, xa que esta empresa sempre se atrasaba cos pagos das nóminas, tendo varias denuncias na Inspección de Traballo por este incumprimento". A data de hoxe, algúns traballadores non recibiron o pago do seu salario.

O Comité de Empresa de Servizos de Seguridade Integral e Mantemento A-1 en Santiago de Compostela denuncian que a situación é "insostible" xa que "os problemas veñen desde fai tempo". Aseguran que terán proximamente unh reunión cos traballadores para tomar as medidas de presión oportunas.

Diante disto, o Comité fai un chamamento aos clientes privados e públicos desta empresa para que condicionen o abono das facturas pola prestación de servizos ao pago das nóminas do cadro de persoal.

Comentarios