“Pirata” e Recio convocados para a primeira Eurocopa Sub 19 de Fútbol sala

“Pirata” e Recio convocados para a primeira Eurocopa Sub 19 de Fútbol sala
“Pirata” e Recio convocados para a primeira Eurocopa Sub 19 de Fútbol sala

Os xogadores do Santiago Futsal , xunto con Alberto Mirás, formaron parte da preselección que se concentrou desde o día 1 de agosto en Madrid

Adrián Rodríguez “Pirata” e Álvaro Recio formarán parte dos 14 integrantes que disputarán a Fase Final da primeira Eurocopa Sub 19 de Fútbol sala.

Os xogadores do Santiago Futsal , xunto con Alberto Mirás, formaron parte da preselección que se concentrou desde o día 1 de agosto en Madrid. Despois dos partidos amigables contra o Aspil- Jumpers Ribeira Navarra e o Elpozo Murcia ' B' o seleccionador anunciou hoxe venres a lista definitiva para o campionato que se celebrará en Riga (Letonia) do 8 ao 14 de setembro.

Álvaro Recio, recentemente fichado polo Santiago Futsal, comentou: “É un orgullo o poder participar neste primeiro Europeo Sub 19. As sensacións durante esta concentración foron moi boas, en parte polo gran grupo humano que se formou”.

Pola súa banda Adrián Pirata declarou “ Poder xogar este campionato é un privilexio. Estou convencido de que o equipo se esforzará ao máximo para facelo o mellor posible ante uns rivais que non nolo poñerán nada fácil”

Os de Albert Canillas terán como primeiros rivais a Croacia, Ucraína e Holanda na fase de grupos e debutarán o próximo 8 de setembro no Area de Riga na que será a primeira edición deste campionato Sub 19.

Comentarios
Lo más