Ordes presume da rapazada

Ordes presume da rapazada
Concello de Ordes
Ordes presume da rapazada

Con motivo do día do neno, o Conello organizou unhas xorndas repletas de xogos para os máis novos

Tal e como se esperaba a tarde de onte foi inesquecíbel para os centos de nenos e nenas que se achegaron ata o pavillón Campomaior. Alí lles agardaban un sinfín de xogos e entretementos por mor do Día do neno e da nena, englobado dentro do programa estival de ocio Unha viaxe pola cultura.

Durante máis de tres horas puideron disfrutar con xogos de habilidade realizados con material de refugallo, gardería, varredoras para brincar, pista americana de obstáculos, tobogáns, inchables, obradoiros, circuítos, safari park, animacións, xeados, flocos de millo etc. Como é costume unha gran festa da espuma puxo o punto e final a esta xornada organizada polo Concello de Ordes. 

09 agosto 2019 Diu0301a do neno e da nena en Ordes


Comentarios