O campus será un espazo máis accesible e igualitario

O campus será un espazo máis accesible e igualitario
Concello de Santiago de Compostela
O campus será un espazo máis accesible e igualitario

A Universidade de Santiago, o Concello da Cidade e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) acordaron hoxe axuntar esforzos e dar un paso adiante no Plan de recuperación de Campus Universitario Sur.

 A Universidade de Santiago, o Concello da Cidade e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) acordaron hoxe axuntar esforzos e dar un paso adiante no Plan de recuperación de Campus Universitario Sur, tratando de convertelo, xunto cos centros universitarios, en espazo totalmente accesible, máis inclusivos e igualitarios. Segundo este acordo adoptado nunha reunión desenvolvida na cede central da USC e na que participaron o xerente da Institución académica, Xavier Ferreira; os concelleiros  de responsable de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo e o responsable de Centros Socioculturais, Barrios e Obras, Gumersindo Guinarte Cabada e José Javier Fernández Martínez, respectivamente, xunto ao presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, e o coordinador da área de Accesibilidade da Confederación, Álvaro García.

Trátase de realizar labores que permitan arranxos no Campus e que faciliten a todas as persoas o acceso a calquera edificio, facultade e centro deportivo, así como transitar sen obstáculos por calquera das rúas do mesmo. Para levar a cabo estas accións, contarase con persoal técnico e especialista en accesibilidade universal que ten COGAMI, un equipo formado por 2 arquitectos, 1 máster en accesibilidade e 1 enxeñeira de camiños. Este equipo iniciará o traballo cunha auditoría para analizar as condicións de accesibilidade das rúas, beirarrúas  e dos edificios localizados no campus Sur, co fin de facelos gradualmente accesibles de acordo coa normativa vixente, para que todas as persoas poidan utilizalos de maneira libre e autónoma.

O estudo que vai realizar COGAMI contemplará cales son as actuacións que deben ser prioritarias acometer, tras ser avaliadas segundo uns criterios de prioridade como: deseño e situación, localización e importancia urbana, demanda cidadá, valoración técnica e custos das actuacións requiridas. Para concretar estes criterios, impulsarase a participación activa das persoas con ou sen discapacidade usuarias dos espazos do campus, polo que se contactará con departamentos da universidade, colectivos de estudantes, persoas con discapacidade, ... e faranse encontros para recoller as súas percepcións. Este primeiro estudo concluirá cunha proposta de obras necesarias para a mellora da accesibilidade e a súa valoración económica.



Comentarios
Lo más