Martiño Noriega indignado polos orzamentos do 2019

Martiño Noriega indignado polos orzamentos do 2019
Imaxe de arquivo
Martiño Noriega indignado polos orzamentos do 2019

O portavoz de Compostela Aberta trata a relación de Bugallo e Agustín Hernández de "amor de verán"

Compostela Aberta votou en contra dos orzamentos municipais do 2019 aprobados no día de ontes grazas á abstención do PP. Martiño Noriega reiterou no Pleno celebrado o venres ao mediodía que "CA non se sente corresponsabilizadas cunhas contar que xiran á dereita e que Bugallo someteu ao debate da Corporación despois de telas acordadas co Partido Popular".Nesa liña, o concelleiro volveu lamentar que “o Goberno do PSOE elixira como sociopreferente ao PP, sen ter mantido ningún contacto previo con Compostela Aberta e sen ofrecernos a posibilidade de facer achegas a un documento que non é técnico senón político”.

Martiño Noriega incidiu en que “CA non pode apoiar uns orzamentos que reducen sensiblemente aspartidas para Políticas Sociais e para Emprego, e que eliminan actuacións comprometidas despois de acordos plenarios, como o muro de Fontiñas ou o Campo da Festa do Castiñeiriño, e mesmo compromisos do propio Bugallo como o arranxo do centro cívico de Salvador Parga, unha vez que se lle nega á veciñanza da zona vella a Casa Elisa e Jimena Fernández de la Vega”.

O voceira de Compostela Aberta ve un comportamento totalmente irresponsable en suprimir os os proxectos seleccionados nos Orzamentos Participativos por case 5.000 persoas. 

Martiño Noriega salientou que “o Goberno de Bugallo non fai estes recortes porque non haxa alternativas, porque mentres suprime estas actuacións incrementa as partidas para Festas e para a redacción de asistencias técnicas”.

O portavoz de Compostela Aberta lamentou que “o PSOE nos pida responsabilidade, cando en decembro contribuíron ao bloqueo dos orzamentos unicamente por cuestións electorais, por desgastar ao Goberno de CA e cortarlle o subministro, e sen importarlles os problemas da veciñanza”. Daquela, lembrou Noriega, os socialistas insistían en que non pasaba nada por non aprobar as contas porque habería un orzamento prorrogado sobre o que facer as modificacións de crédito necesarias, “e de feito Compostela Aberta fixo máis dunha vintena de modificativos para facer fronte ás obrigas do Concello”.

As mentiras do PSOE no debate plenario, a concelleira de Economía e Facenda, Marta Abal, incurriu en varios argumentos falsos para defender a desaparición dalgúns proxectos no documento orzamentario. Un deles foi o relacionado co arranxo do muro de Fontiñas que, asegurou, “non se incluíu nas contas porque non había un proxecto aprobado”. O certo é que o proxecto para o arranxo do muro da rúa París foi aprobado pola Xunta de Goberno do 22 de decembro de 2018, tal e como se recolleu no seu momento na web municipal.


Comentarios
Lo más