Victor Senra consegue unha nova vitoria no rali Botafumeiro

Victor Senra consegue unha nova vitoria no rali Botafumeiro
Imaxe de Arquivo
Victor Senra consegue unha nova vitoria no rali Botafumeiro

O piloto do Citröen C3 R5 superou a Iago Caamaño segundo clasificado e Ricardo Costa terceiro.



Durante o día de hoxe Víctor Senra aumentaba a súa ventaxa e conseguía distanciarse no liderato do rali. Un pinchazo de Iago Caamaño foi o que aumentou a distancia entre os pilotos. 

Pola mañá houbo certa humidade no asfalto o que ocasionou algún trompo sen importancia, pero a medida que o sol ía ascendendo a temperatura dos neumáticos comezaba a quecer o que implicaba maior agarre, e por conseguinte maior velocidade. Podería decirse que houbo máis xente da esperada(seguramente polo sol), sobre todo nos tramos de San Lázaro e Aríns.

Victor Senra logra a súa sexta vitoria consecutiva e a séptima da súa carreira no Rali Botafumeiro. A táboa de clasificación queda así.

Captura de pantalla 2019 08 10 a las 19.42.16

O rali transcorreu sen demasiadas incidencias agás no tramo de Aríns. Pouco antes de chegar á meta un Renault CR5 GT turbo rompeulle o manguito da gasolina e tivo que parar nunha cuneta para apagar o lume que se orixinara. Afortunadamente todo quedou nun susto e non houbo que reparar danos persoais. Ao lonxe podíase observar algo do fume que provocaba a gasolina.

IMG 9982





Comentarios