Un atropelo cun tractor deixa un ciclista ferido de gravidade

Un atropelo cun tractor deixa un ciclista ferido de gravidade
Imaxe de Arquivo
Un atropelo cun tractor deixa un ciclista ferido de gravidade

O suceso aconteceu na localidade de Sarria sobre a 13:15 do mediodía

Onte rexistraronse dous atropelos por tractor con feridos graves. Horas despois de que un mozo tivera que ser evacuado polo helicóptero sanitario de Santiago ao ser arrollado por un vehículo agrícola na mañá do sábado en Lalín, os traballadores do 112 Galicia recibiron unha chamada alertando dun ciclista ferido de consideración ao ser atropelado por un tractor.

Foron varias personas as responsables de alertar con rapidez ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias para informar do accidente na estrada de Sarria en dirección a Samos. Nada máis ter coñecementos dos feitos, o CIAE, avisou aos Bombeiros de Sarria e do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Unha vez chegados ao punto do accidente, os servizos de emerxencias deron constancia que a persoas foi evacuada en ambulancia e comprobaron que a persoa estaba liberada e accesible. Ademais tamén foi necesaria a intervención da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local para aclarar as circunstancias do sucedido e así poder restablecer o tráfico.

Comentarios