Un veleiro é capturado con 5.500 kilos de hachís pola Axencia Tributaria

Un veleiro é capturado con 5.500 kilos de hachís pola Axencia Tributaria
Agencia Tributaria
Un veleiro é capturado con 5.500 kilos de hachís pola Axencia Tributaria

Detidos os dous tripulantes da embarcación que transportaban 183 fardos de droga

Na madrugada do 9 de agosto os axentes de Vixianza Aduanera da Axencia Tributaria abordaron un veleiro de bandeira holandesa, que levaba consigo uns 5.500 kilogramos de hachís.

Nesta operación chamada "Landa" iniciouse cando os medios aéreos da Vixiancia Aduanera localizaron unha especie de embarcación pequena cuns bultos sospieitosos e que casualmente ían directos cara o veleiro ao que transbordou a mercancía.

Logo, estableceuse o correspondente operativo no que participaron tanto medios navais coma aéreos, ambos pertencentes a Aduanas. O cal iniciaba un dispositivo de control co obxectivo de abordar o veleiro e o seu traslado ao porto de Almería.

Co reconto da droga incautada, a cantidade calculada ascendía a: 183 bultos cun peso aproximado de 5.500 kilogramos de gran pureza.

Finalmente, os dous detidos, xunto a droga apehendida e a embarcación intervida serán postos a disposición do xulgado de instrucción en funcións da guardia de Almería.


Comentarios