O Marisquiño "é un caos perfectamente organizado"

O Marisquiño "é un caos perfectamente organizado"
twitter
O Marisquiño "é un caos perfectamente organizado"

No día de hoxe, as competicións que se levarán a cabo serán FIBA 3X3 e o Red Bull Style

Os días 8, 9, 10 e 11 desta semana celébrase unha das citas máis importantes de Galicia, ou polo menos unha das que máis afuencia de xente ten. Trátase do Marisquiño 2019 e está consolidado desde fai varios anos como un dos maiores festivales de deportes de acción e música urbana do sur de Europa.

Vigo saca o peito ao ver máis de 160.000 persoas desfrutando das competicións, concertos e gastronomía na súa propia localidade ao redor do Porto Marítimo da cidade. Malia o accidente do ano pasado, a asistencia segue igual que outras edicións ou polo menos de momento non se aprecia menor afluencia. 

O Marisquiño é un fesival gratuito ao aire libre celebrado no mes de agosto fronte o mar e que reúne durante 4 días máis de 10 competicidóns deportivas, así como disintos eventos culturais. Desde o ano pasado sumouse unha nova disciplina deportiva, o Basket 3x3 da FIBA, que finalmente será olímpica en Xapón 2020.

Ademais, desde fai 4 anos, O Marisquiño chega en direto a máis de medio centenar de países a través da retransmisión en directo en streaming. Os horarios de todo o festival están dispoñibles na fotografía que se amosa abaixo.

Captura de pantalla 2019 08 11 a las 9.38.36




Comentarios