O Corvo mariño formará parta do proxecto de seguimento das Illas Atlánticas

O Corvo mariño formará parta do proxecto de seguimento das Illas Atlánticas
Xunta de Galicia
O Corvo mariño formará parta do proxecto de seguimento das Illas Atlánticas

Mediante un dispositivo localizan os movementos  destes dous novos exemplares e por conseguinte á das poblacións as que  acompañan

En vista dos resultados da experiencia piloto do ano pasado, a dirección do Parque Nacional quixo darlle continuidade estendendo a vixilancia a dous exemplares máis dos que xa había. Así, o pasado maio equipouse a dous machos pertencentes ás colonias da Illa do Faro co dispositivo de localización.

Según a información que estes dispositivos puderon recoller, en tan só 2019 houbo preto de 7.000 movementos por dúas femias de Ons e Sagres. Desta maneira, concluíuse que os machos adoitan utilizar unha area mariña de gran extensión na que se reflexa unha acitivdade polas illas Cíes, Ons, Onza, Nerga, Aldán, Sávora e Ribeira, mentres que as femias é raro que abandonen as augas entre Aguiño e Sávora.

Unha das conclusións que máis chama a atención é que hai unha parte importante destas poboacións que poderían estar alimentándose de maneira rutinaria fóra do espazo protexido, mesmo pasarían moito tempo fóra deste espazo. Cabe destacar que o corvo mariño cristado conta no aquipélago das Cíes cun núcleo reprodutivo esencial para a superviviencia da especie na Península Ibérica.

DISPOSITIVOS ULTRALIXEIROS E IMPERMEABLES

Os dispositivos que se empregan para marcar ás aves caracterízanse por ser ultralixeiros, con apenas 17 gramos de peso e pola súa capacidade para transmitir posicións GPS pola rede GSM, a mesma que ata hai pouco utilizaban os teléfonos móbiles.

Ao tratarse dunha ave mergulladora , os aparellos teñen que ser hidrodinámicos e totalmente impermeables, ademais de resistir grandes variacións de presións, xa que estas aves poden chegar ata os 30 metros de profundidade. Incluso contan cun diminuto panel solar monitorizado que envía os datos directamente a través de internet.

O uso desta tecnoloxía está sendo revolucionaria na área de seguimento da fauna silvestre xa que permite coñecer a tempo real a localizacións das especies. Non obstante, a súa aplicación para este tipo de aves resulta novidosa e pioneira, non só en Galicia, senón a nivel mundial.

Comentarios
Lo más