Touro celebra a súa particular festa aos maiores

Touro celebra a súa particular festa aos maiores
Concello de Touro
Touro celebra a súa particular festa aos maiores

O Concello de Touro decidiu reunir a todos aos seus maiores para darlles a xa tradicional homenaxe de cada ano.

XXVII Encontro da Terceira Idade de Touro acudiron arredor de 700 veciños e veciñas de máis de 60 anos. Hoxe reuníronse o 20% dos habitantes de todo o concello incluídas as 19 parroquias o conforman para xantar xuntos na zona de servizos de Fonte Díaz.

Os dous veciños con máis anos recibiron un recoñecemento de mans do alcalde de Touro, Ignacio Codesido e do resto da corporación municipal. María Rendo Regos, natural de Prevediños e nada no ano 1922  con 96 anos aínda que o 17 de agosto fará 97 anos. E José Codesido, da parroquia de Touro e nado no ano 1925 con 97 anos xa cumpridos.

O inicio da XXVII Festa da Terceira Idade estivo a cargo da Banda de Música Isabel II de Touro, que interpretou varios temas para os presentes. Os maiores disfrutaron da música da banda do Concello de Touro. A continuación, os asistentes participaron nunha misa campestre, oficiada polo párroco de Touro, que finalizou arredor das 14.00 horas. Tras a misa comenzou o xantar. 

O comedor para máis de 700 persoas instalouse na área de lecer baixo grandes carpas. O día estivo pasado por auga e xusto cando parecía que se estaba recuperando empezou a caer a chuvia con máis forza, aínda que ninguén quedou sen lugar para xantar. O menú estaba composto de empanada, polbo á feira, carne ao caldeiro con patacas e sobremesas. Os maiores de Touro tamén puderon desfrutar da música. A festa estivo amenizada polo dúo 'Eva e Camilo'. A celebración, que pretende ocupar o tempo libre dos maiores, rematou ben avanzada a tarde.

Comentarios
Lo más