A Xunta en busca de familiares do cantante Antonio Machín en Galicia

A Xunta en busca de familiares do cantante Antonio Machín en Galicia
twitter
A Xunta en busca de familiares do cantante Antonio Machín en Galicia

Descendentes do famoso artistas intentan localizar o lugar de nacemento galego

A Xunta colabora para coñecer o lugar de nacemento do cantante galego-cubano e atopar a parentes relacionados co pai do músico, Juan José Lugo Padín, un ourensán emigrado a cuba en 1873. A petición ven da man dun familiar de E.E.U.U. 

Alí, o pai do que sería unha das referencias mundiais do bolero, Antonio Abad Lugo Machín, coñeceu á que sería a súa muller, Leoncia Machín, coa que tería quince fillos, entre eles o cantante e o seu irmán Juan Lugo Machín.

Este último, avó de Alfonso Lugus de León, quen agora quere despexar as incógnitas das súas raíces galegas. Precisamente foi o neto de Juan Lugo Machín o que se puxo en contacto co servizo da web da Secretaría Xeral da Emigración, GaliciaAberta, para atopar información sobre as súas orixes.

A Xunta despois de centenares de casos similiares ten un servizo a disposición con máis de 4.000 partidas de nacemento e que facilita ao descendentes emigrantes galegos co fin de localizar as actas de nacemento de aquela persoa relacionado co cantante. Este servizo é posible grazas ao convenio que mantén coas cinco dioceses que hai en Galicia. Os interesados deben facilitar o nome completo, a diocese e o ano de nacemento do seu familiar para poder realizar a busca.

Comentarios