Pedro Sánchez e as súas inoportunas vacacións en Doñana

Pedro Sánchez e as súas inoportunas vacacións en Doñana
Imaxe de arquivo
Pedro Sánchez e as súas inoportunas vacacións en Doñana

Sánchez descansa ca súa familia nun palacio en Doñana mentres os acordos continuan no aire.

O actual presidente en funcións descansa no palacio das Marismillas, no corazón do Parque Nacional de Doñana, en Hueva. Non hai unha confirmación oficial da chegada do señor Sánchez, o único que se pode saber e que se atopa cas fillas e a súa muller. O palacio levaba acondicionado desde fai un mes por se acaso a familia necesitaba un descanso en pleno paréntese estatal.

Será a finais de agosto, según as últimas declaracións que fixo cando retome o diálogo cas demais formacicións progresistas para chegar a un acordo na súa investidura. 

Faltan 42 días para que se remate o prazo, o 23 de setembro será a data límite para conformar un goberno, de non ser así, o rei está obrigado a convocar novas eleccións. 

Esta situación provoca aos membros da oposición que tachan de irresponsable político a Pedro Sánchez tras a sús chegada á provincia de Huleva. O vicipresidente da Xunta de Andalucía e líder de Ciudadanos na comunidade, Juan Marín pediu a Sánchez que "salga de Doñana" e asuma "a súa responsbilidade de formar Goberno". 

Ciudadanos non os únicos que crítican a actitude irresponsable do lider do PSOE, o dirixente de Podemos, Pablo Echenique, o encargado de tratar as negociacións do seu partido para chegar a un acordo de investidura, cuestionou a posibilidade de que o presidente en funcións tiña pendiente unhas vacacións "Pedro Sánchez debería non irse de vacacións. A xente páganos para chegar a acordos" aínda que outro exemplo bastante recente foi o do entonces presidente Mariano Rajoy, cando tamén fixo unha escapada a Sanxenxo tras unha investidura fallida e non ter pechados os apoios para gobernar.

Comentarios